En liña co PDI de centro, Son de Paz, seguimos afondando no traballo coas nenas e nenos e traemos ao cole unha exposición sobre os Dereitos da Infancia, cedida por UNICEF, e que estará na entrada principal do centro ata Semana Santa.
Está formada por 10 paneis que invitan a reflexionar e debater sobre os dereitos da infancia.
O seu obxectivo é favorecer que o alumnado e a comunidade educativa no seu conxunto entendan os dereitos tanto na teoría como na práctica, sendo capaces de:
-
Identificalos, defendelos e promocionalos en situacións cotiás.
-
Resolver os conflitos de dereitos que ás veces xorden no día a día.
- Actuar de maneira responsable como suxeitos de dereitos (no caso de nenos, nenas e adolescentes) ou como garantes deses dereitos (no caso das persoas adultas).
Animámosvos a que vos acheguedes á escola e adiquedes uns minutos para visitala.

