Tendes AQUÍ toda a información de Extraescolares actualizada
Benqueridas familias,
Velaquí a proposta de actividades extraescolares no CEIP de Barouta para o curso 25/26:
Extraescolares Curso 25_26 -Provisional
O cadro que presentamos é provisional, xa que é preciso chegar a un mínimo de inscritos en cada unha delas para que a actividade saia adiante. Tan pronto teñamos información das actividades que van formando grupo, iremos avisando ás familias interesadas.
Este ano, como novidade, as persoas encargadas de impartir as actividades colaborarán con nós para que poidamos ter unha semá de portas abertas: do mércores 24 ao martes 30 de setembro, se a túa crianza non tén claro en que lle gustaría anotarse, pode vir a probar e experimentar as diferentes opcións (cada actividade poderase probar no día que lle corresponde).
As extraescolares que formen grupo mínimo comezarán a actividade o día 1 de outubro.
Acompañádenos o vindeiro martes 16 de setembro ás 16:30 á asemblea ordinaria da asociación e trataremos de responder a todas as vosas dúbidas.


Ola! Que extraescolares de infantil sean adiante?
Ola Laura!
Para infantil saíron adiante as seguintes actividades:
– Luns: Inglés
– Martes: Fútbol sala
– Xoves: Teatro (a partir de 3 anos) e pandeireta e baile tradicional (a partir de 5 anos)
– Venres: Hockei patíns e baile moderno
En breve publicaremos o cadro definitivo.
Un saúdo!
Hola gustariame saber si o final vaise facer a clase de inglés dos martes.si se chegou a un mínimo de nenos.grazas
Ola Lucía, como che comentamos por teléfono non se chegou a facer grupo mínimo de primaria para a actividade de inglés, polo que esta actividade non sae adiante.
Sentímolo moito, grazas, un saúdo!
Ola, as portas abertas asisten só os nenos??? para valorar se lles gusta?? gustaríame saber de que máis actividades hai portas abertas?? e cando son? Taekwondo, baile moderno, xadrez …. Gracias
Ola Diana, a idea das portas abertas e que as nenas e nenos asistan a elas acompañadas polas familias, para que proben todas as actividades que queiran e, ao mesmo tempo, que as familias poidades coñecer ás diferentes profesionais e preguntar todas as dúbidas que vos poidan xurdir. Na última nova publicada na web xa ía especificada esta información:
“Portas abertas de extraescolares entre os días 24 e 30 deste mes. As crianzas poden vir probar calquera das actividades ofertadas no mesmo horario no que se desenvolverán, a excepción de:
-Teatro: non se realizará xornada de portas abertas.
-Guitarra: que será o martes 23 de 16:30 a 17:30h. Este mesmo día está convocada a asemblea de centro, polo que as crianzas ademáis de divertirse con Biosbardos poderán probar a actividade.
Non é necesario realizar inscrición previa”
Podes ver esta información ampliada na web do centro no apartado: AFA – Novas da AFA – Novidades AFA Setembro 2025.
Un saúdo!
Moitas gracias!!
Gustariame saber si inglés sigue os martes Ou cambios de día que cantos nenos serian en cada clase.gracias.o meu seria de 4 de primaria
Bo día Lucía,
Tal como reflexa o cadro provisional de extraescolares, Inglés para primaria impartirase os martes de 16:30 a 17:30. Para que a actividade saia adiante precísase un mínimo de 6 crianzas. Podedes facer a inscrición no formulario, e antes do comezo da actividade informarásevos se se acada ese mínimo e, nese caso, indicarémosvos o número total de inscritas. Tedes tamén a opción de asistir ás xornadas de portas abertas, que no caso de inglés primaria será o martes 30 de setembro de 16:30 a 17:30.
Grazas, un saúdo!