Benqueridas familias,
Velaquí a proposta de actividades extraescolares do CEIP de Barouta para o curso 26/27:
Extraescolares 26-27 (Provisional)
Este cadro é provisional, xa que é preciso chegar a un mínimo de inscritos en cada unha das actividades para que saia adiante. Tan pronto teñamos información das actividades que van formando grupo, iremos avisando ás familias interesadas.
As extraescolares que formen grupo mínimo comezarán o xoves día 1 de outubro e durante a primeira semana as crianzas poderán vir a coñecer e probar todas as actividades que desexen sen ningún compromiso.
No cadro podemos atopar os seguintes datos:
- Empresa ou persoa responsable de impartir a actividade.
- O prezo: importe por crianza ao mes.
- A etapa á que vai dirixida: infantil, primaria ou ambas, se é o caso.
Para calquera outra información que precisedes podedes escribirnos ao enderezo afa@ceipdebarouta.gal ou envíarnos un WhatsApp ao número 669 09 50 81. Ademáis, se nos acompañades o vindeiro xoves 17 de setembro ás 17:30h á asemblea ordinaria da AFA teremos a oportunidade de responder presencialmente a todas as vosas dúbidas.
Clica aquí para inscribirte nas extraescolares.

