Extraescolares

Tempo de lectura: 2 minutos. 

Actividades extraescolares que se realizarán no CEIP de Barouta durante o curso 26/27 (Provisional):

DESCARGAR CADRO EN PDF

ALTAS:

O prazo para a inscrición nas actividades extraescolares está aberto durante todo o curso e pode facerse a través deste formulario:

Formulario de inscricións nas actividades extraescolares

BAIXAS:

As baixas ou cambios poden facerse a través do enderezo de correo electrónico afa@ceipdebarouta.gal

Para evitar devolucións nos recibos as baixas deberán comunicarse como plazo máximo ata o último día do mes anterior a que sexa efectiva.

PAGOS:

O cobro farase a través de recibos domiciliados, por meses completos (entre os días 1-5 de cada mes).

As devolucións de recibos supoñen un custo de comisións bancarias que deberán ser asumidas polas familias responsables das devolucións.

Para máis información contacta coa AFA:

Teléfono /WhastApp: 669 09 50 81

Correo electrónico: afa@ceipdebarouta.gal.

Este cadro é provisional, xa que é preciso chegar a un mínimo de inscritos en cada unha das actividades para que saia adiante. Tan pronto teñamos información das actividades que van formando grupo, iremos avisando ás familias interesadas.

As extraescolares que formen grupo mínimo comezarán o xoves día 1 de outubro e durante a primeira semana as crianzas poderán vir a coñecer e probar todas as actividades que desexen sen ningún compromiso.

No cadro podemos atopar os seguintes datos:

  • Empresa ou persoa responsable de impartir a actividade.
  • O prezo: importe por crianza ao mes.
  • A etapa á que vai dirixida: infantil, primaria ou ambas, se é o caso.

Para calquera outra información que precisedes podedes escribirnos ao enderezo afa@ceipdebarouta.gal ou envíarnos un WhatsApp ao número 669 09 50 81. Ademáis, se nos acompañades o vindeiro xoves 17 de setembro ás 17:30h á asemblea ordinaria da AFA teremos a oportunidade de responder presencialmente a todas as vosas dúbidas.