Feira Innovames 2024 | CEIP de Barouta

Un ano máis presentámonos á Feira Innovames que organiza o Concello de Ames.

Na anterior edición, o noso centro levou o primeiro premio grazas a un proxecto de rego automático que se desenvolveu en robótica.

Nesta edición queremos dar a coñecer o noso proxecto MeteoBarouta, que forma parte da rede meteoescolas e difúndese a través da web escolar.

MeteoBarouta vai máis alá dun proxecto centrado na meteoroloxía e céntrase no traballo con metodoloxías innovadoras, activas e participativas para visibilizar e dar oportunidade ao talento de cada alumna ou alumno.

O proxecto ten dúas fases:

  1. FASE I : un proxecto de meteoroloxía xa asentado a nivel de centro en torno ao cal se desenvolvemn diferentes actividades ao longo do curso,  que recolle e distribúe datos en tempo real nunha web renovada: ceipdebarouta.gal.
  2. FASE II: na esperanza de poder aumentar o servizo público e útil que damos, deseñamos un proxecto que presentamos aos II Premios InnovAmes, como amplicación do traballo que vén realizando MeteoBarouta. A idea é sumar meteroloxía, robótica e intelixencia artificial a través de diferentes recursos tecnolóxicos.

Esperámosvos en Innovames o venres 26 de xaneiro pola mañá no pavillón de Milladoiro. Alí poderás ver o noso traballo na web e en MeteoBarouta.

Data: 26 de xaneiro.
Lugar: pavillón de O Milladoiro.
Hora: de 10:00 a 13:00

Pasádevos pola nosa exposición

Esquema do proxecto MeteoBarouta que se vai presentar a Innovames 2024.
Esquema do proxecto MeteoBarouta que se vai presentar a Innovames 2024.

Referencias:

Imaxes da edición anterior

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.