É o momento, chegou a tan esperada e tradicional Festa da Primavera do CEIP de Barouta.
Esta xornada lúdica está aberta a todo o público, e terá lugar na Praia Fluvial de Tapia ás 17h00.
Contaremos con diversas actividades: obradoiros para nenas/os e para adultas, pintacaras, pulseiras, papiroflexia, artes marciais con Fearless Warriors Gym, e unha charla e obradoiro de cestería para familias impartido por Luís do Río (o obradoiro precisa inscrición AQUÍ)
A xornada estará amenizada polas MAIANAS, que nos ofrecerán un concerto con música e baile. E por suposto non vai faltar a Grande Tómbola, grazas á colaboración de moitas comerciantes do Concello de Ames.
A festa está organizada en colaboración coa Comisión de Familias de 6º EP , a AFA Barouta e contamos coa colaboración do Concello de Ames.

















