O martes 31 de outubro foi xornada festiva en Barouta. Tivemos a “Festa do Outono”, e aproveitamos para celebrar dúas conmemoracións típicas destas datas: o Samaín e o Magosto.
Houbo castañas asadas, e un museo do medo con multitude de cousas terroríficas que ver e experimentar grazas ao traballo que se fixo estes días no colexio.
Coa colaboración das familias, poidemos desfrutar dunha deliciosa sobremesa; e dun chocolate quentiño ofrecido polo alumnado de 6º de Primaria, que está traballando moi duro para organizar a excursión de fin de curso.
Foi un pracer contar con todas e todos vós e queremos agradecer a colaboración e asistencia. Vémonos na próxima!
Deixámosvos un video e algunhas fotos.
VER IMAXES
Máis vídeos.
O alumnado de 1º dá moito medo.
Teatro sombras 3º
Visita Infantil ao Museo do Medo
Museo do Medo (Grabado polo equipo de Infantil)