Un ano máis convidámosvos a celebrar a Festa do Outono, Magosto e Samaín en comunidade. Será o próximo venres día 30 de outubro a partir das 12h00 coa seguinte previsión de actividades:
10h00 | Contacontos de medo para alumnado, con Cris Collazo
12h00 | Conxuro e Ofrenda do Samaín
12h15 | Magosto. As familias e alumnado de 6º EP venderán chocolate e sobremesas para recadar cartos para a excursión de fin de curso
13h15 | Concurso de Disfraces de Familias. Entrega de Premios
COLABORACIÓN das FAMILIAS
Pedimos a vosa colaboración para as seguintes cousas:
– CASTAÑAS. A partir do mércores enviade a través do alumnado, unha manchea de castañas cortadas para asar no día 30.
– DISFRACES. Animádevos a disfrazarvos de personaxes e seres mitolóxicos da nosa tradición: druídas, bruxas, meigas, Santa Compaña, trasgos… Ao remete da xornada faremos entrega de dous agasallos ao mellor disfraz individual e de parella/grupo. Se o precisades, tedes ideas aquí.
ASADO DE CASTAÑAS
Pedimos tamén a vosa colaboración para asar castañas, por favor facedenos saber se podedes encargarvos do asado de castañas escribíndonos ao correo: ceip.barouta@edu.xunta.gal.
Agardamos contar con vós!

