Prezadas familias: O venres 17 abril ás 17.30h terá lugar a Festa Final do programa MODO GALEGO, ACTÍVAO!, con concertos de As Maianas, Uxía Lambona e a Banda Molona e a Gramola Gominola.
Será na explanada do Pavillón de deportes de Bertamiráns.
Entregaránselle os convites no centro ao alumnado. Agardámosvos coas vosas camisolas, carteis, lemas e con moitas ganas de troula.
Vémonos rapazada!!!


