Festival de Nadal 2024

Prezadas familias, hoxe ás 12:00 temos a oportunidade de ter un novo encontro para disfrutar do festival de Nadal que, como cada ano, o profesorado e crianzas de Barouta organizan con todo o cariño para que xuntas disfrutemos dun fermoso espectáculo.

Ao remate, o alumnado e familias de sexto venderán rosca e chocolate, e as persoas que formamos parte da xunta directiva da AFA estaremos repartindo os últimos carnés de asociadas que nos quedan sen entregar. Buscádenos e comentade se non recibistes o voso, e, por suposto, se aínda non poidestes asociarvos, tamén poderedes facelo.

Animádevos a colaborar e a formar parte da Asociación de Familias de Alumnado, visitade o novo menú da AFA na web, e estade pendentes porque pronto teremos novas e unha pequena sorpresa para comezar o 2025.

AGARDÁMOSVOS!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.