Formación do PFPP 2024/25 – O traballo por proxectos en ambientes de aprendizaxe. Segunda sesión.

Seguimos experimentando e aprendendo con Arenaria.

Nesta segunda sesión do noso PFPP traballamos por recantos rotando en pequenos grupos. As diferentes propostas estaban encamiñadas a desenvolver unha aprendizaxe activa e colaborativa, experimentando en pequeno grupo. Isto apórtanos ferramentas e ideas para a elaboración de  proxectos nunha dinámica de ABP (Aprendizaxe Baseada en Proxectos).

O sesión desenvolveuse do seguinte xeito:

  1. Unha parte explicativa das propostas por recantos e da organización da sesión.
  2. A presentacións dos materiais e recursos que íamos utilizar.
  3. Unha fase de traballo autónona, e activa dos grupos, traballando de forma colaborativa.
  4. Unha posta en común do traballo feito.
  5. Unha explicación por parte de Arenaria das propostas que fixemos e das conclusións ás que podemos chegar.
  6. A realización de varios experimentos como remate final.

Cabe sinalar, que as tarefas desenvolvidas foron as mesmas que anteriormente o alumnado fixera nas sesións con Arenaria.

Referencias:

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.