Formación PLANEA conxunta. Centro de Arte FMJJ.

Chegamos ao remate deste primeiro trimestre con outra formación en liña conxunta coas nosas compañeiras e compañeiros do CEIP As Covas de Meaño.

Xa levamos parte do camiño andado, aínda que nos queda moito por diante.

Nesta segunda formación en liña dos dous centros planea de Galicia, o noso nodo mediador Rexenerando organizou unha xuntanza con Alba Cacheda, para que nos contase o traballo que fan dende o Centro de Arte Fundación María José Jove.

  • Que é arte? Que é a educación artística? Ed. artística dende a institución cultural.
  • Metodoloxía.
  • Análise dun proxecto: tercer maestro.
  • Referentes.
  • Mapeo galego.

Tivemos tempo tamén para unhas pequenas dinámicas de grupo entre os dous centros, onde intercambiamos opinións e sensacións sobre o que tratamos na formación en base ao que xa estamos facendo nos nosos colexios.

Tomamos un respiro neste período non lectivo que entra e á volta seguimos a facer camiño coa Arte!

Polo de agora queremos lembrarvos que temos aberta a enquisa para o mapeo de necesidades PLANEA, na que pode participar toda a comunidade.

Diagnóstico participativo PLANEA

Referencias:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.