O luns 15 de decembro tivemos unha formación en liña organizada por Rexenerando, o noso nodo mediador PLANEA.
Foi unha reunión conxunta co outro centro PLANEA de Galicia, o CEIP As Covas de Meaño, e unha oportunidade para que as e os compoñentes do grupo motor de ámbolos centros nos puxésemos cara e compartísemos impresións deste novo reto que nos espera na Rede PLANEA.
Tamén estiveron presentes as coordinadoras do CAFI implicadas neste proxecto e Eva de Pedagoxías Invisibles, un colectivo que funciona como nodo de mediación PLANEA en Madrid.
Partindo dos principios do ART THINKING, vimos os diferentes pasos para deseñar un proxecto, tomando como exemplos proxectos desenvolvidos en cursos anteriores noutros centros.
Deseño dun proxecto:
Darlle un nome > Preguntarse > Alimentarse > Experimentar > Compartir.
NOMERAR. Seleccionar o tema que nos parece relevante e darlle un nome.
PREGUNTARSE. Interrogarse durante todo o proxecto, proceso de reflexividad permanente. Accións DAT (Detectar, Analizar, Transformar).
ALIMENTARSE. Investigar qué cuerpo de conocimientos han construído otras personas sobre el tema.
EXPERIMENTAR. Conceptualizar y seleccionar acciones artísticas que darán forma a la arquitectura de generación de conocimiento.
COMPARTIR. Compartir el desarrollo del proyecto al resto del mundo.
Referencias:

