O martes 28 de maio o profesorado de Barouta tivo unha formación sobre Educación Emocional impartida por IGAXES, organizada polo Departamento de Orientación.
Durante máis dunha hora, a psicóloga Cristina Allo fíxonos unha introducción do que é a Educación Emocional e como inflúe a nivel educativo tanto no alumnado como no profesorado, vimos que ferramentas precisamos dende a perspectiva da “Lei da loxística emocional“.
Posteriormente, abriuse un debate onde puidemos expresar as nosas opinións e inquedanzas ao respecto, e onde chegamos a conclusións moi interesantes sobre o falado e tamén sobre o material que se nos entregou.
A lei da loxística emocional e unha maneira de interpretar como funcionan as emocións.
Segundo esta lei, as emocións dannos unha mensaxe adaptativa. Podemos comparalas cun mensaxeiro que ten a orde de entregarnos dous tipos de paquetes, uns azuis, que simbolizan emocións agradables, e outros vermellos, que representan emocións desagradables.
Se non facemos caso ao mensaxeiro, as mensaxes (emocións) acumúlanse e xuntaranse moitas mensaxes (emocións) difíciles de xestionar.
Se non xestionamos as emocións desagradables cando aparecen, acumúlanse e non poderemos xestionalas todas, provocando unha explosión emocional e perdendo así o autocontrol.
Referencias: