Como ben sabedes,o 23 febreiro conmemórase o DÍA DE ROSALÍA e en colaboración co SNL do concello de Ames participamos nunha gala na súa honra.
Este ano o EDLG pediu a colaboración dunha parte do alumnado de 5º e 6º de Primaria, xa que en xaneiro participaran nun obradoiro de regueifas. Pedímoslles que inventaran coplas para crear unha REGUEIFA ROSALIANA e para comparar e facer “piques” entre Rosalía de Castro e La Rosalía (cantante catalana).
Queremos agradecer a adicación que amosaron Aitana,Blanca e Kata coa súa voz, a Lívia e Nerea (pandeireteiras) e a Nábia por acompañarnos tocando a trompa, todas elas de 5º de Primaria e a Sofía,Nico,Adriana,Álex e Lois de 6º de Primaria polas súas voces, así coma a Alonso Caxade por guiarnos co seu acordeón e ás familias que nos acompañastes.
Parabéns a todas/os por amosar tanto agarimo na Gala Rosalía!





