Grupos Mixtos 2º Ciclo.
Tempo de lectura: 2 minutos. 

Terceiro e cuarto de primaria arrancamos xa coas propostas de grupos mixtos. Xuntámonos os dous grupos e dividímonos en 3, que van rotando polos diferentes contextos: artístico, matemático e ComuniKT. A rotación é semanal, cada semana durante as 2 últimas sesións do venres vivenciarán unha das propostas de tal xeito que despois de 3 semanas pasarán polos 3 contextos e comeza unha nova rotación.

Nesta rotación no contexto artístico achéganse á obra do artista brasileiro Romero Britto e versionan unha das súas coloridas creacións. Trátase dunha obra relacionada co proxecto Paparouta, porque a gastronomía tamén pode ser obxecto artístico ademais dun arte en si mesmo.

 

No contexto de ComuniKT introducimos a robótica como unha ferramenta que axuda ás nenas e nenos a desenvolver o pensamento lóxico e a resolución de problemas, a través da programación sinxela e o uso de robots educativos. O alumnado aprende a crear proxectos nos que se combinan creatividade e coñecementos de varias áreas curriculares.

No contexto matemático traballamos co tempo dando continuidade a unha proposta do curso anterior. Tras percibir a necesidade dunha maneira común de medir o tempo introducímonos na nosa medición en días/horas/minutos e segundos. Creamos un gran reloxo en común, manipulamos e repartimos os minutos para ver cantos hai en media hora e nun cuarto; traballamos a duración lendo diferentes textos e asociando ao tempo que transcorre na historia; a través dun xogo de twist das horas revisamos/aprendemos como nos diferentes reloxos podemos ler as horas: en punto, e cuarto, e media e menos cuarto. Traballando así as correspondencias entre reloxo dixital e analóxico e comprendendo que hai detrás dunha e outra maneira de expresalo.

 

Este enfoque non só ensina áreas, senón que promove habilidades importantes para o futuro: traballo en equipo, pensamento crítico, creatividade e a capacidade de solucionar problemas da vida real. É unha forma divertida e motivadora de aprender, que prepara ao alumnado para os retos do século XXI.

Ver álbum completo de imaxes

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.