Grupos mixtos traballando en ambientes de aprendizaxe.

Grupos Mixtos

No presente curso, ademáis de en Ed. Infantil, estamos introducindo os grupos mixtos en tódolos ciclos de Primaria. Esta organización está baseada no ensino de actividades multinivel que xa implementamos no centro.

Traballo multinivel en Barouta

  • En Educación Infantil levamos anos traballando con grupos mixtos a través de diferentes ambientes.
  • O alumnado de 1º e 2º ciclo de Primaria, organízase en grupos mixtos 2 sesións á semana para traballar en ambientes de aprendizaxe polos que van rotando: artístico, matemático e Polos Creativos.
  • O alumnado de 3º ciclo organízase en grupos mixtos 2 sesións á semana para rotar en 3 ambientes que teñen que ver coa lecto-escritura e a oralidade: a oralidade ( habilidade de comunicarse verbalmente ), a comprensión lectora (capacidade de comprender e dar sentido á información escrita),  escritura creativa (modo de espertar ou mellorar a orixinalidade e a imaxinación).

Dende Barouta, defendemos un ensino inclusivo, igualitario (non sexista) e ecoloxista, mediante o traballo en grupos mixtos en ambientes de aprendizaxe, fomentando estratexias e metodoloxías con actividades multinivel.

Ambientes de aprendizaxe

Este curso, ademáis dos xa mencionados, teremos outros ambientes de aprendizaxe grazas aos diferentes proxectos nos que estamos traballando.

Por exemplo, o programa ProBleu centrado no ámbito da natureza e a contorna, que ten como eixo central das actividades o noso estanque.

O PDI e o Jean Monnet, que neste curso ten como temática central a alimentación abarcando tódolos ámbitos, dende o nutricional ata o cultural, como por exemplo a cultura atlántica cos maravillosos alimentos e receitas cos que contamos.

O Espazo Teatro é outro lugar de traballo, onde nos centraremos no teatro, a danza e a dramatización. Un espazo para o traballo corporal, emocional e de expresión.

Os Polos Creativos son espazos de aprendizaxe dixital principalmente, nos que traballamos elementos relacionados coa robótica, o audiovisual e a tecnoloxía en xeral. Tamén temos diferentes obradoiros, como o de corte e costura ou carpintería.

A Aula de Proxectos ofrece diferentes recantos de traballo relacionados coas matemáticas manipulativas e vivenciais, a meteoroloxía (MeteoBarouta), o arte, os experimentos, as ciencias naturais, etc…

A biblioteca, é un ámbito de traballo orientado á lecto-escritura, á búsqueda e análise de información, á formación en diferentes ámbitos e temáticas, á creación de textos, ao fomento da lectura, …

Estes e outros espazos e ambientes permítenlle ao alumnado de Barouta desenvolver os seus intereses e habilidades persoais, traballando os elementos do currículo e potenciando unha aprendizaxe significativa que promove a autonomía e a reflexión, tendo en conta as circunstancias individuais de cada alumna e alumno.

Referencias:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.