Seguímonos adaptando pouco a pouco ao ritmo da escola e cada día imos practicando os hábitos e rutinas cotiás relacionados coa vestimenta, o aseo, a merenda …
Pola mañá ao chegar, e despois de sacar a mochila, o abrigo e a axenda, é o momento de poñer as zapatillas para estarmos cómod@s na escola.
Outro dos momentos ao que adicamos moito tempo é a merenda: abrir a bolsiña, extender o mantel, colocar todo enriba, sentarnos axeitadamente …
E merendar con calma. Para que nos preste ben a merenda, despois de comela e antes de saír ao patio, adicamos uns minutos a repousar o petisco no estómago mentres lemos os “contos da merenda”.
Ver máis imaxes de hábitos e rutinas

