Onte foi 29 de outubro, e quedaba só un día para celebrar o Samaín no centro.
Con este motivo, o alumnado de 6º preparou historias de medo con personaxes da nosa cultura para contar ao alumnado de 4º e 5º.
Moitas historias son de tradición oral e escrita que lles contaron na casa as súas familias, outras son inventadas por elas e por eles, pero todas dan moito medo.
Despois dun traballo de búsqueda e preparación das historias, houbo que organizar a presentación das mesmas nun ambiente creado no Espazo Teatro para a ocasión, con música terrorífica, cunha iluminación tenebrosa e con algunha que outra sorpresa. Disfrutamos de historias e lendas de meigas, de espiritus, da Santa Compaña…
Foi un momento divertido, lúdico pero… terrorífico.
Lembrade visitar as bitácoras para máis información.
Ver álbum de imaxes
Referencias:

![Historias de medo no Espazo Teatro [Samaín 2024 Barouta] Historias de medo no Espazo Teatro [Samaín 2024 Barouta]](https://www.ceipdebarouta.gal/wp-content/uploads/2024/10/Historias-Samain-6o10.jpeg)