Este luns 13 de novembro, alumnado voluntario da Facultade de Mediciña de USC, estivo no noso colexio desenvolvendo o proxecto “Hospital de osiñas e osiños”, ao que asistiu Infantil, 1º e 2º de Primaria.
En diferentes espazos do colexio, montáronse consultorios e obradoiros para que as osiñas e osiños tiveran que pasar e recibir atención médica.
Con esta actividade foméntanse hábitos de vida saudable e traballamos tamén a superación ao medo que moitas alumnas e alumnos teñen ás medicas/os e aos hospitais.
Dirixido polas estudantes e os estudantes de mediciña, o alumnado formou parte do mundo das “batas brancas” e foi protagonista de diferentes procedementos e tarefas.
Tivemos unha experiencia enriquecedora tanto para o alumnado como para as e os estudantes de mediciña.