I Ciclo de formación para familias: AFAcéndonos
Tempo de lectura: < 1 minuto. 

Bo día familias!

Porque coñecemos —e experimentamos en primeira persoa— a importancia de contar con información rigorosa e accesible para acompañar ás crianzas dun xeito consciente, respectuoso e actualizado, neste terceiro trimestre queremos convidarvos a participar no  I ciclo de formación dirixido a familias.

A AFA Barouta, coa colaboración do CEIP de Barouta, organizamos tres sesións con temáticas diferentes pero fundamentais durante a infancia e adolescencia, pensadas para ofrecer ferramentas útiles ás persoas que temos a responsabilidade de educar ás que serán futuras xeracións de adultas.

Cada un destes encontros será conducido por profesionais especializadas nos seus ámbitos.

📝 Ide tomando nota e reservade oco na axenda:

📅 Martes 28 de abril-16:30h
Remover e sementar: como acompañar a educación sexual desde as familias
Impartido por Noelia Moreau (Con Moito Gusto Sexoloxía)

📅 Xoves 28 de maio-16:30h
Neurodesenvolvemento infantil e pantallas: consecuencias da sobreexposición
Impartido por Susana Vales (Mudare)

📅 Mércores 10 de xuño-16:30h
Comunicación e límites positivos para conseguir desenrolar todo o potencial das crianzas
Impartido por Mercedes Urbiola (Galicia Montessori)

📍Lugar: Biblioteca do CEIP de Barouta

🪀Para facilitar a asistencia, haberá servizo de monitorado de balde durante a duración das sesións.

Agardamos contar con todas vós e agradecemos que lle deades difusión para que chegue ao maior número de persoas posibles, xa que son encontros abertos a toda a comunidade.

Non é necesaria inscrición previa!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.