II CICLO DE FORMACIÓN PARA FAMILIAS: AFAcéndonos. 1ª sesión – 4/11/26

II CICLO DE FORMACIÓN PARA FAMILIAS: AFAcéndonos. 1ª sesión – 4/11/26
Tempo de lectura: < 1 minuto. 

Estimadas familias,

Neste curso volve o II Ciclo de Formación para Familias: AFAcéndonos.

Queremos comezar esta primeira sesión dando continuidade ao camiño iniciado o curso pasado e, especialmente, á sesión sobre comunicación e límites positivos conducida por Mercedes Urbiola.

Como familias, sabemos que moitas veces xusto cando empezamos a compartir dúbidas, comentar situacións reais e buscar respostas concretas chega a hora de rematar. Por iso, nesta ocasión imos facer algo diferente.

Comezaremos precisamente por aí: pola práctica.

Retomaremos os contidos traballados anteriormente para levalos ao día a día familiar. Falaremos de casos reais, resolveremos dúbidas e exploraremos ferramentas e estratexias que nos axuden a mellorar a comunicación coas nosas crianzas e a aplicar límites positivos con máis seguridade, coherencia e confianza.

Para que a sesión sexa o máis práctica posible e poida abordar aquelas cuestións que máis nos preocupan e ocupan no día a día das familias, convidámosvos a responder este pequeno formulario. As vosas achegas axudarán a adaptar os contidos da sesión e a dar resposta ás dúbidas e situacións reais que estades a vivir

COMUNICACIÓN E LÍMITES POSITIVOS: DA TEORÍA Á PRÁCTICA

Con Mercedes Urbiola

✨ Un espazo participativo para compartir experiencias, reflexionar xuntas e transformar as ideas en recursos útiles para a vida cotiá.

📅 Data: 4 de novembro
🕟 Hora: 16:30 h (Duración aproximada: 2 horas)
📍 Lugar: Biblioteca do CEIP de Barouta
👧👦 Haberá servizo de monitorado

Agardámosvos!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.