Información trimestral ás familias sobre a evolución da alumna ou alumno.

Achégase o final do trimestre, e en breve recibiredes información individualizada sobre a alumna ou alumno.

Aproveitamos este momento facer un recordatorio sobre a información que ides recibir.

Ao longo do trimestre xa se fai un seguimento regular a través de diferentes medios, por exemplo as reunións coas titoras e especialistas, notificacións a través de abalarMóbil, avisos ás familias a través da axenda, correos electrónicos, notificacións por escrito, …

O último día lectivo de cada trimestre recibides a seguinte información:

  1. A avaliación publicada para consultar a través de abalarMóbil.  En Infantil recibiredes un total de 80 indicadores, e en Primaria a nota numérica de cada materia.
  2. Un informe personalizado das titorías coa evolución nas diferentes áreas en función da consecución das competencias clave. Este informe entrégase á alumna ou alumno en sobre pechado. Para nós é un documento moi relevante, xa que nos permite valorar a evolución en función do seu punto de partida e das súas características individuais.

Queremos lembrar que esta información prodúcese de xeito puntual ao final de cada trimestre, polo que vos animamos a que sexa durante todo o curso cando manteñades contacto coas mestras e mestres para facer un seguimento máis continuo.

Indicadores de Infantil:
Os criterios de avaliación que se publican en Abalar para información ás familias son recollidos directamente pola aplicación na que se elabora a programación (PROENS) sen posibilidade de modificación, tal como se recollen na ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.
É por iso que o número é elevado e pode resultar confuso.  Pese ao exposto, lembrade que recibides tamén un informe personalizado no que reflectimos a evolución de cada crianza que, entendemos, resulta máis axeitado para achegarvos os progresos acadados no trimestre.

Referencias:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.