No primeiro ciclo estamos a desenvolver tres ambientes de aprendizaxe: Matemáticas, Arte e ComuniKT.
O alumnado de 1º e 2º de primaria está a facer pequenas propostas para introducir todo o que imos a traballar ao longo do curso neste ambiente, relacionado coa oralidade, a lectura, a creación de textos, a linguaxe non verbal, a comunicación interpersoal, … En definitiva, todo o que ten que ver coa comunicación.
Tódalas sesións empezan cunha asemblea onde reflexionamos sobre o traballo feito, e propoñemos propostas de traballo segundo as preferencias persoais. Polo tanto, a primeira sesión adicámola a crear entre todas e todos as normas da asemblea.
Tamén empezamos a cubrir o “Pasaporte de Linguaxe” onde anotaremos todo o que imos facendo neste ambiente.
Ver máis imaxes




