Inicio das obras de mellora do estanque
Obras estanque Barouta

O martes 12 de novembro empezáronse as obras de mellora do estanque, dentro da proposta de “Patio Vivo” de Barouta. Esta primeira intervención céntrase na renaturalización do estanque.

Esta obra está financiada pola Fundación Paideia Galiza e será executada pola empresa Trébore Xardinería co deseño da SCG Miudiño.

Por sexto ano consecutivo, seguimos a desenvolver o proxecto de intervención global e comunitario “ Mudando o Patio”, ampliando espazos e materiais lúdicos e de aprendizaxe natural.  Incidirase especialmente no carácter inclusivo deste espazo natural e na continuidade da utilización do  mesmo como “aula no exterior” e como ambiente  de aprendizaxe e zona de esparcimento con aproveitamento como recurso  pedagóxico para o tratamento interdisciplinar de diversas materias.

Incorpóranse zonas ás xa existentes no espazo no patio, así como traballarase na xestión de outras  xa existentes.

Referencias:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.