O 23 de abril, Día do Libro, as aulas do cole convértense en salas de lectura. En cada aula lerase un conto, e para iso necesitamos voluntarias e voluntarios entre as familias.
Quen queira participar virá o día 23 de abril ao inicio da terceira sesión, traerá o libro e lerao na aula que lle indiquemos.
A lectura do libro durará entre 5-15 minutos.
Grazas por participar! Se tendes dúbidas podedes dirixirvos ao equipo de biblioteca do cole.
Inscríbete no seguinte formulario:
Referencias: