O 19 e o 25 de maio, tivemos a intervención artística PLANEA co alumnado.
Dende Outonía, e co apoio de Xoan Xil, trouxéronnos unha proposta para coñecer e sentir os espazos sonoros do noso centro, tratando a mirada naqueles sons e espazos que se relacionan entre eles e o que significan para todo o alumnado.
Partindo do espazo máis próximo do noso centro, o alumnado puido escoitar e recoller sons e analizar a percepción que ten deles nos diferentes espazos.




























