Madamitas e madamitos de Entrimo – Entroido 2026.
Screenshot
Tempo de lectura: 3 minutos. 

Este Entroido na aula de 2º imos ir vestidos de madamitas e madamitos na representación teatral que imos facer.

O traxe foi recuperado coas informacións recollidas das persoas maiores do Concello de Entrimo, e a foto recollida na Historia de Galiza de Otero Pedrayo.
Esta máscara trata de rediculizar as persoas pudientes da aquela época, sacando o exterior a roupa interior das mulleres (enaguas e calzóns).
O sombreiro das mulleres era de palla empregado nas labores do campo, engalanado coas fitas de cores para darlle máis cor e un veo diante da cara.
E unha mixtura da vestimenta da xente do campo e as señoritas e señoritos (bolso, abano, a vara…).
Por iso, o traxe do home é una mofa dos señores: acurtándolles a capa, cambiandolle o sombreiro por o cucurucho estilo bufón, vestindo o calzón das mulleres…

Desfile das madamitas e madamitos:
Diante iba un gaiteiro coa cara pintada de negro tocando a gaita abrindo o cortexo.
Despois os madamitos e madamitas, logo un carro de vacas adornado con mimosas e frores a época.
Formaba parte do cortexo as Farandulleiras/os. Homes e mulleres vestidos de vellos e vellas que iban votando borrallo a longo do recorrid

Traxe Madamita
Leva na cabeza un sombreiro de palla con 8 fitas de cores e veo por diante da cara, e leva a cara tapada por unha careta branca.
Mais os seguentes comprementos: careta branca, chal de cores con frecos, abano de cores, luvas brancas, bolso branco con rendas, calcetins calados brancos de media perna e zapatillas brancas de esparto.

Vestimenta: camisa de liño con puntillas nos puños e saia curta (por debaixo do xeonllo) de liño con puntillas e moito frunce.

Traxe Madamito
Levaban na cabeza un gorro de cucurucho de cartón que semella o dun bufón con papeliños de cores na punta, tal como se mostra na Historia de Galiza de Otero Pedrayo.
Complementos:
Careta branca con grandes bigotes, faxín vermello con chocas, luvas brancas, calcetins calados brancos de media perna e zapatillas brancas de esparto e unha vara.

Vestimenta: camisa de liño con puntillas nos puños, gravata vermella, calzón curto (por debaixo do xeonllo) de liño con puntillas. Como se amosa na foto leva o faxín na cintura cas chocas por detrás.
Por encima da camisa leva unha capa curta de cor vermello.

Descargar/ver PDF con toda a Información e imaxes

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.