| Escoitar artigo (Voz: Noa) |
Como xa vén sendo habitual nos últimos anos, o próximo venres día 28 de novembro a partir das 17h00 faremos o Magosto no Campo da Festa do S. Amaro de Barouta, para recadar fondos para a viaxe de fin de curso de 6º EP. Teremos castañas, bolos preñados, biscoito, chocolate… e moito máis!
Coa actuación especial das Pandereteiras da Costaneira.
Haberá carpa, pero en caso de choiva intensa trasladarémolo ao pavillón do CEIP de Barouta
Agardamos contar con vós!
Podedes estender este convite a todas as persoas interesadas.

