MAGOSTO 6º EP | Campo da Festa S. Amaro de Barouta

Como xa vén sendo habitual nos últimos anos, o próximo venres día 22 de novembro a partir das 17h00 faremos o Magosto no Campo da Festa do S. Amaro de Barouta, para recadar fondos para a viaxe de fin de curso de 6º EP. Teremos castañas, bolos preñados, biscoito, chocolate… e moito máis!

Coa actuación especial das Pandereteiras da Costaneira.

Haberá carpa, así que non hai que preocuparse pola choiva.

Agardamos contar con vós! Podedes estender este convite a todas as persoas interesadas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.