MAGOSTO E SAMAÍN | 30 Outubro 2025 – 12h00
Tempo de lectura: < 1 minuto. 

Un ano máis convidámosvos a celebrar o Magosto e Samaín en comunidade. Será o próximo xoves día 30 de outubro a partir das 12h00 coa seguinte previsión de actividades:

10h00 | Contacontos de medo para alumnado, con María da Pontragha
12h00 | Conxuro e Ofrenda do Samaín
12h15  | Magosto. As familias e alumnado de 6º EP venderán chocolate e sobremesas para recadar cartos para a excursión de fin de curso
13h15  | Concurso de Disfraces de Familias. Entrega de Premios

COLABORACIÓN das FAMILIAS
Pedimos a vosa colaboración para as seguintes cousas:
– CASTAÑAS. Nos días anteriores enviade, a través do alumnado, unha manchea de castañas para asar no día 30.
– DISFRACES. Animádevos a disfrazarvos de personaxes e seres mitolóxicos da nosa tradición: druídas, bruxas, meigas, Santa Compaña, trasgos… Ao remete da xornada faremos entrega de dous agasallos ao mellor disfraz individual e de parella/grupo. Se o precisades, tedes ideas aquí.

ASADO DE CASTAÑAS
Pedimos tamén a vosa colaboración para  asar castañas, por favor facédenolo saber escribíndonos ao correo: ceip.barouta@edu.xunta.gal.

Agardamos contar con vós!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.