Boas familias!
O pasado xoves 30 de setembro celebramos en Barouta o outono coa tradicional festa do Magosto e Samaín, que volveu encher o patio de deliciosas castañas asadas e disfraces ben orixinais.
Desde a AFA tamén quixemos sumar á festa co noso posto, onde mesturamos elementos da tradición —meigas, potes, Santa Compaña…— cun xesto de solidariedade que nos gustaría non ter que facer: repartimos chapas en apoio á paz co lema “por un mundo máis AFAbel“ a todas as persoas que se achegaron a compartir un intre connosco.


Ademais, propuxemos unha actividade simbólica e participativa: a Árbore dos Medos. Crianzas e adultas puideron escribir os seus medos e colgalos nas súas pólas, creando un espazo de expresión. Como agradecemento pola súa participación, as crianzas recibiron de agasallo, ademais da chapa, un marcapáxinas.

Moitas grazas a todas as que vos achegastes!!
E se non puideches vir ou quedaches sen chapa, podes poñerte en contacto con nós: aínda nos quedan algunhas!
