Un ano máis convidámosvos a celebrar o Magosto e Samaín en comunidade. Será o próximo mércores día 30 de outubro a partir das 12h00 coa seguinte previsión de actividades:
10h00 | Contacontos de medo para alumnado, coa actriz Cris Collazo
12h00 | Conxuro e Ofrenda do Samaín
12h15 | Magosto e Sobremesas de Outono. As familias e alumnado de 6º EP venderán chocolate para recadar cartos para a excursión.
COLABORACIÓN das FAMILIAS
Pedimos a vosa colaboración para as seguintes cousas:
– SOBREMESAS de OUTONO. Traede un petisco de outono para compartir. Algo pequeno, que sempre sobra moita comida.
– CASTAÑAS. Nos días anteriores enviade, a través do alumnado, unha manchea de castañas para asar no día 30.
– DISFRACES. Animádevos a disfrazarvos de personaxes e seres mitolóxicos da nosa tradición: duídas, bruxas, meigas, Santa Compaña, trasgos…
Se hai persoas voluntarias para colaborar no asado de castañas, por favor facédenolo saber escribíndonos ao correo: ceip.barouta@edu.xunta.gal.
Grazas pola vosa colaboración!