Manifestación Queremos Galego.

Bo día familias!

Anotade ben nas vosas axendas: o vindeiro domingo 23 de febreiro ás 12:00 da mañá, vamos acompañar á plataforma Queremos Galego á que estamos adheridas, á manifestación que sairá da Alameda de Santiago e que rematará no Obradoiro, para reivindicar a defensa e importancia da nosa lingua.

Aproveitemos os cartaces e camisolas que elaboraron as nosas crianzas para a foliada do modo galego o pasado venres e vaiamos todas xuntas a Compostela. Loitemos para que se nos escoite e para devolver a lingua galega ao lugar que lle corresponde: convertela de novo na lingua máis falada da nosa terra!

Agardamos por vós, ACOMPAÑÁDENOS!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.