O alumnado de 5º de Primaria leva traballando unhas semanas coas máquinas simples, e o resultado final foi que elaboraron as súas propias máquinas para expoñer na clase.
Pero non quixeron perder a oportunidade de ensinarllas a outro alumnado, así que hoxe recibiron a visita de 4º de Primaria..
Viron as máquinas simples en funcionamento e puideron facer preguntas de todo tipo sobre o proceso de elaboración e de como funcionan.





