Matemáticas Manipulativas Barouta

Matemáticas Manipulativas Barouta
Tempo de lectura: 2 minutos. 

Neste apartado poderás ver, a través de diferentes vídeos, como traballamos as matemáticas.

Propoñémoslle ao alumnado situacións de aprendizaxe. Pretendemos o desenvolvemento máximo das potencialidades en todo o alumnado, dende unha perspectiva inclusiva, á vez que fomenta o interese polas matemáticas.

Abordamos as matemáticas de maneira práctica, vivenciando, manipulando e experimentando. Trátase de ensinar como elas e eles aprenden.

O único material recoñecido universalmente para a aprendizaxe das matemáticas, son as regletas.

Metodoloxía de traballo para a aprendizaxe das matemáticas en Barouta.

A metodoloxía de traballo basease principalmente nas catro fases de aprendizaxe que propuxo Jerome Brunner (1960): vivencial, manipulativa, gráfica e simbólica:

  • FASE VIVENCIAL, como parte fundamental na experimentación co propio corpo.
  • FASE MANIPULATIVA, utilizamos obxectos da vida real e materiais didácticos (regletas, policubos, base 10, instrumentos de medida, katamino, xeoplanos…) para modelizar e concretar as ideas matemáticas con maior claridade.
  • FASE GRÁFICA OU ICÓNICA, cando representamos a través de debuxos, diagramas e esquemas as ideas matemáticas que imos construíndo a través da manipulación.
  • FASE SIMBÓLICA, cando escribimos con linguaxe matemático, tódalas ideas adquiridas mediante a manipulación e representación.

Tamén nutrímonos de aportacións de moitos investigadores no campo da matemática como José Antonio Fdez Bravo, Mª Antonia Canals…

Os materiais manipulativos como Dienes (base 10), regletas…son imprescindibles, cos que se poden traballar varias áreas das matemáticas e que axudan a desenvolver moitas capacidades do pensamento lóxico matemático. Pódense empregar para que o alumnado aprenda sobre:

  •         a cantidade
  •         as equivalencias
  •         a suma
  •         a resta
  •         a multiplicación
  •         a división
  •         as identidades notables
  •         o Teorema de Pitágoras
  •         as potencias
  •         as fracciones
  •         as raíces cadradas
  •         xeometría
  •         medida
  •         …

SELECCIÓN MATERIAIS

Ver contidos de Matemáticas na web

VÍDEOS

Engadimos vídeos regularmente.
Podes seleccionar vídeos de contidos similares premendo nas etiquetas que os acompañan. Ou ben usar o buscador.
17 vídeos atopados
Circuíto númerros proporcionados, agrupando e coñecendo Tangram.
00:51
Coñocendo os números proporcionados. Agrupando de 10 en 10. Coñecemos ...
Traballando cos muros
04:34
Descomposición de números ata 10
Construímos os números do 10 ao 20.
02:04
Construimos os números do 10 ao 20 manipulando.
Amigos do 10
01:00
Construímos de forma manipulativa e memorizamos as sumas do 10 coa súa ...
Coñecendo as regletas. Grupo multinivel 1º Ciclo A [Curso 2022-2023]
04:37
Asi traballan no curso multinivel 1º Ciclo A. Curso 2022-23 Estamos ...
Páxina 2 de 2

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.