MATRÍCULA NOVO ALUMNADO | Solicitude Online e Presencial | Do 20 ao 30 Xuño 2026
Tempo de lectura: < 1 minuto. 

Da acordo coas instrucións dadas pola Consellería de Educación, este ano as novas matrículas de alumando pódense formalizar online a través da plataforma Admisión Alumnado.

O prazo de formalización de matrícula é do 20 ao 30 de xuño de 2026

O alumnado que xa está matriculado no CEIP de Barouta non ten que facer ningún trámite, sendo automática a matrícula no novo curso.

Tedes máis información no seguinte documento, que serve de guía para axuda a familias:

Matrícula en liña_documento para as familias_xuño 26_EDITABLE

 

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PRESENCIAL PARA NOVO ALUMNADO
Curso 2026/2027
Do 20 ao 30 de xuño de 2026

DOCUMENTACIÓN

  • Formulario de Matrícula ANEXO III-1 (asinado)
  • DNI das persoas proxenitoras (fotocopia)
  • 1 fotografía tamaño carné (co nome escrito no reverso)
  • Solicitude de Transporte Escolar (opcional)

FORMULARIOS

Máis información

Horario de Presentación Presencial

  • Día 22 de xuño: 10h30 -13h00
  • Do 23 ao 30 de xuño: 09h30 -13h00.

Lembrámosvos que o CEIP de Barouta non conta con praza de administrativa/o enviado pola Xunta de Galicia, polo que estas funcións son asumidas pola Secretaría do Centro en función da dispoñibilidade de liberación que poida ter de docencia ou reunións.

De acordo coas instrucións dadas pola Consellería de Educación, as novas matrículas de alumando pódense formalizar online a través da plataforma Admisión Alumnado.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.