Dende a Comisión mixta de igualdade e xénero do CEIP Barouta poñemos en marcha o programa coeducativo “Medrando en igualdade: Sementes para o cambio”.
Ao longo de diferentes sesións reflexionaremos colectivamente sobre o noso papel como educadoras e educadores pola igualdade, tratando de responder estas e outras preguntas:
- Como habitamos as nosas identidades?
- Como é a nosa relación coas violencias machistas?
- Que nos gustaría proxectar como educadoras?
Cando?
- Xoves 8 de febreiro ás 16:30 h – Espazo non mixto para homes.
- Xoves 15 de febreiro ás 16:30 h – Espazo non mixto para mulleres.
- Xoves 22 de febreiro ás 16:30 h – Espazo mixto para familias e profesorado.
- Xoves 29 de febreiro ás 16:30 h – Sesión de biodanza con Mari Fidalgo.
Onde?
- Na biblioteca do centro, CEIP Barouta.
A inscrición está aberta para profesorado e familias a través do formulario que atoparedes no enlace do perfil da ANPA: Inscricións Igualdade.
Calquera dúbida: anpasanmauro@gmail.com
Referencias:
- ANPA San Mauro.
- Formulario de Inscrición (enlace externo xestionado pola ANPA)
- Rexenerando. S. Coop. Galega.