O alumnado de 6º vai realizar un mercado de Nadal os días 2 e 16 de decembro en horario de 16:30 a 19:30. Os cartos recadados irán destinados á excursión.
Grazas á cesión dun espazo por parte do Concello de Ames, montarán un posto para vender produtos artesanais feitos por eles e elas, ademais de libros e xoguetes de segunda man en bo estado.
Queremos convidarvos a que vos pasedes e colaboredes con estas nenas e nenos que están facendo un traballo espectacular para organizar a súa exursión.