MeteoBarouta | Nova estación WIFI con datos en tempo real na web.

Estamos moi ilusionados co novo paso que demos en MeteoBarouta. Despois de ser admitidas e admitidos na rede de meteoescolas, quixemos ir un pouco máis alá e facer accesibles en tempo real os datos da nosa estación metereolóxica, así como datos de temperatura e humidade interior.

Onte os cursos de 3º e 4º baixaron a colocala na zona do horto, e xa está funcionado en diferentes servizos na rede. Podedes ver os datos na páxina principal con este formato:

 E tamén no apartado de MeteoBarouta de xeito máis detallado:

Datos metereolóxicos MeteoBarouta

Para acceder a eles, só tendes que clicar no termómetro do menú superior ou na pestana “Proxectos“:

Algunhas imaxes da estación:


Referencias:
Proposta Traballo MeteoBarouta
Datos estación MeteoBarouta

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.