MeteoBarouta pasa a formar parte da rede de MeteoEscolas.

Alá polo curso 2021-2022 un grupo de alumnas e alumnos de Barouta crearon MeteoBarouta.

O proxecto tivo un gran recoñecemento e inaugurouse cun excepcional padriño: Diego Viaño, o home do tempo da TVG e que ademáis foi alumno de Barouta.

Hoxe comprácenos anunciar, que dentro do programa Proxecta+ fomos seleccionadas e seleccionados para formar parte da rede de Meteoescolas.

MeteoBarouta é un proxecto de centro no que traballamos a recollida e análise de datos metereolóxicos, e en definitiva todo o que ten que ver coa meteroroloxía. Neste curso imos ver a influencia da meteoroloxía na actividade humana. MeteoBarouta: a meteoroloxía na actividade humana.

Continuamos así co traballo realizado a través de MeteoBarouta en cursos anteriores, e en breve teremos novidades importantes que non podedes perdervos. Estade atentas e atentos á web.

Agora deixámosvos algúns contidos relacionados que de seguro vos van a gustar.

Entrevista a Diego Viaño:

 

Proxecto:

Documentos:

Boletíns:

Videos do alumnado:

O alumnado de terceiro fixo un interesante proxecto durante o segundo trimestre sobre o tempo atmosférico.
Buscaron información, elaboraron textos e imaxes para facer logo unha presentación que presentaron visitando diferentes aulas. Finalmnente, decidimos gravalo e este foi o rersultado.

Ver tódolos contidos de MeteoBarouta.

2 comentarios en “MeteoBarouta pasa a formar parte da rede de MeteoEscolas.”
  1. O Proxecto está moi ben. Pero, non sería mellor que o alumnado tivese uns coñecementos mínimos de lingua e matemáticas antes de deixalo ir ao instituto?

    1. Bo día e grazas polo teu comentario.

      Evidentemente, para traballar neste proxecto é preciso ter algo máis que coñecementos mínimos de matemáticas e linguas (así como de outras áreas).

      Non vamos a extendernos agora no desenvolvemento do proxecto , pero podes atopar información do noso traballo a nivel curricular no apartado de documentos, ou ver as publicacións e videos relacionados con MeteoBarouta.

      Seguro que con esta información vánseche solventar moitas dúbidas.

      Saúdos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.