Mobilización en Comunidade Educativa Polo Ensino Público | 6 de Maio – 19h00
Tempo de lectura: 2 minutos. 

📢 ESTÁ EN XOGO O FUTURO DUN ENSINO PÚBLICO DE CALIDADE!
💪O 6 DE MAIO, TODAS E TODOS Á RÚA!

A Educación Pública Galega está nun momento crítico e non podemos quedar de brazos cruzados. Nos nosos centros de educación a realidade é alarmante: faltan recursos, os espazos son insuficientes e o persoal de orientación e apoio está totalmente desbordado.

Porque isto nos afecta a todas?

Estudantes: porque tedes dereito a unha formación de calidade e a que o profesorado teña tempo real para atender as vosas dúbidas e necesidades.

Familias: porque non se está garantindo a igualdade de oportunidades nin a atención á diversidade que a lei esixe.

Veciñanza: porque un pobo sen unha educación pública forte é un pobo con menos futuro.

Hoxe, o tempo de atención individual na aula redúcese a apenas 1 minuto por estudante. Non podemos permitir que o ensino se converta nunha “carreira de obstáculos” por falta de investimento.

🗓️ O vindeiro 6 de maio ás 19:00 horas hai mobilizacións en toda Galicia.

📍 En Compostela imos facer ruído para que nos escoiten na Consellería!
🚩 Únete ás 19:00 na Praza Roxa!!

Fai falta que veñas ti, as túas amizades, os teus compañeiros e compañeiras, a túa familia e toda a xente que crea que a educación non é un gasto, é un investimento no noso futuro.
Estudantado, profesorado, familias e veciñanza unidas! 🤝

📢 COMPARTE ESTA MENSAXE! O 6 de maio, que non falte ninguén.
A EDUCACIÓN PÚBLICA DEFÉNDEMOLA ENTRE TODAS E TODOS! 📚🔥

AFA Barouta

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.