Foi un pracer compartir coas familias a exposición do Proxecto Documental Integrado (PDI) que fixemos no colexio este curso: “Barouta o pé da noticia“.
Antes da chegada das familias, o alumnado tamén fixo un percorrido polos espazos.
Se non poideches asistir, ou te quedaches con gañas de volver a velo, aquí vos poñemos todo o que vos amosamos.
Estes e outros contidos do PDI están todos dispoñibles na web. Foinos imposible poder amosarvos todo canto traballamos ao longo do curso, e tivemos que seleccionar para a EXPO-PDI, pero podes velos todos navegando pola web. A desfrutar!!!
Recibindo ás familias:
As familias entraron por quendas e con un plano onde se indicaban as zonas a visitar e o percorrido a facer (preme no plano para amplialo).
Presentacións:
Tódalas zonas foron presentadas polo alumnado de xeito virtual. Neste video xuntamos tódalas presentacións:
Educación Infantil
En Infantil son unhas e uns artistas e non deixaron de artellar. Mediante unha exposición moi plástica e visual, trataron temas como “Son noticias ” e “Cando a noticia deixa de ser noticia…“
Ver imaxes do alumnado de Infantil no PDI
1º Educación Primaria
Foron unhas grandes e uns grandes reporteiros, e iso demostrao a reportaxe de novas de Barouta que fixeron.
Aproveitando tamén o espazo ComuniKT onde se proxectou este video, as familias puideron experimentar en directo un espazo croma e ver todo o material co que traballamos en ComuniKT
2º Educación Primaria
Vimos unha reportaxe moi relacionada coa biblioteca e coa lectura en xeral: reportaxe “Proxecto 100 libros“.
3º e 4º de Primaria.
Estiveron “Ao pé da noticia” mediante a fotografía e en concreto a Fotodenuncia:
5º de Primaria.
Traballaron a Historia dándolle un toque periodístico. Puidemos ver un resumo do seu proxecto “Entrevistas con Historia” e outros contidos moi relacionados co PDI, como a entrevista ao científico “Anxo Carracedo“
Descargar Entrevista Anxo Carracedo
6º de Primaria.
O alumnado de 6º non podía perder a oportunidade de expoñer con detalle como foi o proceso de elaboración do seu proxecto de libro de Haikus: “A poesía é noticia”
Entrevista presentación Haikus. AmesRadio:
Grupos mixtos de matemáticas.
Os grupos mixtos de matemáticas traballaron moitas cousas, pero unha das que máis lles gustou foi o da medida do tempo, e logo axustarse a 30 segundos para facer noticias, entrevistas… Foi moi divertido
Proxecto competencial.
Puidemos ver un estupendo libro virtual: “A viaxe soñada”
Igualdade
Quixemos aproveitar o novo Espazo Teatro para amosar o máis representativo do que traballamos sobre igualdade no centro.
www.ceipdebarouta.gal
Nun espazo de navegación web amosáronse os datos de páxina web do centro www.ceipebarouta.gal que presentamos este curso e deuse a oportunidade de navegar e mesmo subscribirse “in situ” ao noso boletín para aquelas persoas que aínda non o fixeran.