Este vernres 6 de xuño é o momento de compartir con todas as familias algúns dos traballos feitos para o PDI 2025. Abre o Museo Barouta para mostrarvos o investigado en relación ao Proxecto Documental Integrado de Centro que este ano estivo adicado á gastronomía e alimentación baixo no nome “Paparouta”.
Ao longo das zonas da feira que temos preparadas para vós, poderedes ver diferentes mostras, producións, obradoiros, exposicións… que se fixeron ao longo do curso.
Estades todas e todos convidados, e para iso debedes seleccionar unha quenda apuntándovos no seguinte formulario. Isto axudaranos a organizar mellor a visita e que sexa de maior proveito para vós.
Formulario para apuntarse á visita ao Museo Barouta
EXPO PDI 2025 – “Paparouta”É necesario unha solicitude por persoa.
Hai un máximo de 50 prazas por quenda (cando se cubran a quenda non estará dispoñible)
Se precisas anular a túa reserva avísanos.
*As inscricións xa están pechadas.
Este formulario só recolle os datos que facilitas a través del para a asitencia ao Museo Barouta. Non se comparten con ninguén e unha vez utilizados para o seu fin son eliminados. Os datos engádense nunha folla de cáculo Google Sheet para a súa xestión.
Aquí podes ler a nosa Política de Privacidade.
Referencias:


