Grazas ao éxito acadado, prolongamos unha semana máis o museo, do 27 de novembro ao 1 de decembro!
Co gallo da celebración do mes das ciencias en galego nas bibliotecas, xa temos montado o noso “Museo da Ciencia”.
Aquí vos amosamos o que o alumnado ao longo desta semana puido visitar. Estamos convencidas e convencidos de que terán moitas preguntas sobre cada un dos obxectos cos que se van atopar.
Ademáis, hai algún que outro invento e aparellos moi interesantes e que de seguro moitas nenas e nenos non coñecen .
É un bo momento para falar en familia sobre eles e explicarlle que eran e para que servían. Como se soe dicir, “o tempo pasa rápido“; e a tecnoloxía non vexas como avanza!!
Mirade este video presentado pola nosa reporteira Jennifer, e as imaxes a continuación: