Desde a escola compartimos con todas as familias unhas recomendacións para favorecer merendas máis saudables e equilibradas nas nosas crianzas.
A alimentación desempeña un papel fundamental no crecemento, no desenvolvemento e no benestar das nenas e dos nenos. Por iso, é importante ofrecerlles hábitos alimentarios saudables desde os primeiros anos, priorizando alimentos naturais e reducindo o consumo de produtos con azucre engadido e ultraprocesados.
Con estas recomendacións, convidámosvos a reflexionar sobre as merendas diarias e a acompañar ás crianzas na adquisición de hábitos que contribúan á súa saúde e benestar.

