O vivido o 8M xa forma parte do mapa de Barouta. 8 espazos que agora levan o nome de 8 mulleres referentes para todas e todos que axudan a que construamos un mundo máis libre, máis xusto, máis igual.
E hoxe chega unha gran primicia: as entrevista realizadas a cada unha elas na que en primeira persoa nos contan como é ocupar o lugar que ocupan no mundo, habitar a súa realidade, os seus soños, as súas metas…
E por se non lembrades ben o acontecido o 8M ou non puidestes estar tamén podedes atopar un vídeo resumo do vivido que arrecende a comunidade e liberdade.
“Elas contan: 8 Mulleres, 8 Espazos” forma parte do proxecto “Nomeadas”, unha iniciativa que, a través do acto de poñer nome aos espazos do centro, nos invita a habitalos dun xeito novo. Seguiremos nomeando, sumando referentes femininos e masculinos, para continuar medrando en liberdade, igualdade e corresponsabilidade.
Vídeos e carteis de Nomeadas.
Vídeo resumo:
Vídeos das 8 mulleres nomeadas:
*Ver outros vídeos da nosa Galería.
Carteis elaborados polo alumnado para a presentación das 8 mulleres nomeadas.









