Proxecto elaborado polo alumnado de 4º de Primaria.
O PRODUTO MÁIS SAN É O QUE NON LEVA ETIQUETA
Se leva etiqueta, un produto saudable é o que leva máis ingredientes que coñezo. Se o produto leva moitos nomes raros, menos saudable será.
Os ingredientes aparecen por cantidade, se o primeiro ingrediente é azucre,o produto levará sobre todo azucre.
O sal tamén é necesario, pero non debes tomar demasiado, se o alimento leva 1,25/100g o alimento é alto en sal, e se leva 0,25/100g é baixo en sal.
O azucre engadido aparece moitas veces como azucre pero tamén pode aparecer con moitos outros nomes. Todos os ingredientes que acaben en osa levan azucre por exemplo : glucosa, sacarosa. Tamén hai outros alimentos que levan azucre e non acaban en osa, algúns deles son: caramelo, mel, concentrado de froitas, zume etc.
O ideal nun produto é que teña como moito 6/100g de azucre.
CANTO AZUCRE PODEMOS TOMAR?
O azucre precisámolo para vivir e obtémolo de froitas, cereais integrais como por exemplo a laranxa, kiwi, millo, trigo, plátano…
Pero hai que ter coidado co azucre engadido porque pódeche provocar enfermidades como por exemplo: problemas de memoria, alzhéimer, ansiedade, depresión, problemas de estado de animo, problemas de pel, dificultades para deixar de comer, caries, diabete…
Segundo a Organización Mundial da Saúde di que o máximo recomendado de azucre son 25g, uns 9 terróns ao día, pero o máximo aconsellable son 4 e o ideal o menos posible.
O alumnado de cuarto pesamos e fotografamos o azucre dalgús dos nosos petiscos, algúns conteñen case o máximo permitido. Por iso fixemos unha guía con propostas máis saudables.
Descargar díptico “Non me comas, cómeas a elas”
Referencias:
Financiado pola Unión Europea. As opinións e puntos de vista expresados só comprometen á(s) súa(s) autora(s) ou autor(es) e non reflicten necesariamente os da Unión Europea ou os da Axencia Executiva Europea de Educación e Cultura (EACEA). Nin a Unión Europea nin a EACEA poden ser considerados responsables deles.