Nova cabana para a zona exterior de Barouta

Seguimos ampliando os espazos lúdicos e de aprendizaxe natural do noso centro.

Xa está emprazada a nova cabana na zona de troncos, ao lado do areeiro, e que pasa a sumarse a outras dúas que xa temos noutra zona do patio exterior. Contamos así cun novo elemento que utilizaremos nos momentos de esparcemento e de aprendizaxe.

Damos continuidade ao proxecto “Mudando o patio“,  para utilizar o patio como unha “aula exterior” e como un ambiente máis para traballar de xeito interdisciplinar tódalas areas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.