Novembro 2023 – Mes da ciencia en galego nas bibliotecas.

Dende hai uns días, na bitácora da nosa Bibliobarouta tendes información de actividades.

Dende o cole queremos propoñer a creación dun museo de ciencias que terá lugar na aula de proxectos do cole. Para iso precisamos:

  • Tecnoloxía antiga. (obxectos relacionados coa ciencia antigos)
  • Inventos creados polo alumnado.

Estes obxectos virán acompañados dunha etiqueta con información. Podedes atopar un modelo na bitácora.

Datas para traer obxectos con etiqueta identificativa:
Do luns 13 ao venres 17.

IMPORTANTE :
Toda a información debe vir redactada en galego.
Todos os obxectos deben traer o nome completo do alumnado.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.